Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións 50
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p class=&quot;MsoNormal&quot;>Establécense dúas
modalidades de avaliación. A primeira modalidade contempla a participación
activa nas sesións de traballo, a elaboración das encomendas de tradución
propostas e a realización de tres probas escritas, que farán media entre si, distribuídas ao
longo do período docente.&nbsp;Para acollerse a esta primeira modalidade de
avaliación é necesario asistir ao 80% das sesións lectivas. Na realización das devanditas probas escritas o alumnado poderá utilizar fontes telemáticas.&nbsp;A segunda
modalidade de avaliación consiste na realización dunha proba escrita de natureza xeral, na que se abordará unha parte representativa dos contidos totais da materia, que representará o 100% da nota final. Tal avaliación única terá lugar no mes de xuño. Cada alumno deberá indicar
ao inicio do curso a modalidade de avaliación á que desexa acollerse. A
primeira modalidade só será válida para a convocatoria de xuño do mesmo curso
lectivo, sen que exista a opción de que se conserven as notas para as convocatorias
seguintes. Penalizarase a copia ou o plaxio coa perda irremisible da convocatoria.</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000