Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudante ha de realizar de forma regular as tarefas encomendadas.
10
Metodoloxías integradas
O estudante realizará, preferentemente en grupo, unha tarefa de entre as que se darán a escoller a principios de curso.
10
Traballos tutelados Encargo(s) de tradución e/ou tarefa semellante. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tradución dun texto, de entre 300 e 400 palabras, e adaptación, paráfrase, reelaboración doutro texto. Pódese utilizar un computador para realizar o exame e calquera programas, excepto os de tradución automática. O exame realizarase o penúltimo día de clases. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As clases de tradución non son clases de idiomas; o estudante ha de procurar alcanzar, pois, pola súa conta os coñecementos de alemán e español necesarios e adecuados á materia. Non se admiten faltas de ortografía - entre as que se contan os erros de acentuación -, anacolutos nin faltas de concordancia sintáctico-morfolóxicas. Os estudantes de intercambio Erasmus realizarán a principio de curso unha proba de nivel; corrixida esta, faráselles a recomendación correspondente. 

En ocasións constatouse unha diferenza significativa entre o rendemento en clase e a calidade dos encargos de tradución. En casos como estes, o docente se reserva a potestade de realizar as comprobacións que conveñan.

Como é sabido, aqueles estudantes que opten pola avaliación continua han de asistir nun oitenta por cento ás clases. Os que prefiran presentarse unicamente ao exame final han de comunicalo, por escrito, a principio de curso. O exame realizarase na convocatoria de xuño no penúltimo día de clase, 28 de abril; a data de xullo será a establecida pola Facultade. A avaliación será continua máis un exame ao final do cuadrimestre. Se algún estudante non pode, por forza maior, participar na avaliación continua poderá presentarse a un único exame ao final do cuadrimestre. A aqueles estudantes que opten pola avaliación continua respectaráselles as cualificacións parciais, isto é, aquelas que non son resultado do exame final. 
No exame está permitido utilizar calquera obras de consulta en papel e un computador, con libre acceso a calquera páxinas de internet, excepto ás de tradución automática (google translator e semellantes).

Non está permitido plaxiar nin copiar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000