Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Tradución idioma 2, III: Alemán-Español
Avaliación
Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas desenvoltos na aula ou na casa. 5
Metodoloxías integradas Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 10
Traballos tutelados Avalíase a encomenda de tradución (aprox. 1500 palabras). A/o alumna/o deberá expor na aula os problemas que presentou o traballo, así como as estratexias tradutivas adoptadas. 10
Presentacións/exposicións Avalíase a competencia discursiva do alumnado nun contexto formal, o emprego da terminoloxía axeitada e a capacidade argumentativa (cf. "Traballos tutelados"). 5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na tradución dun texto de aprox. 250 palabras que abordará varios temas estudados ao longo do semestre. Ademais da tradución, a/o alumna/o deberá xustificar nun comentario (mín. 300 palabras) algunhas das decisións adoptadas na tradución. Os dous exercicios (tradución e comentario) farán media ponderada atendendo á seguinte relación: 85% para a tradución e 15% para o comentario. O exame farase preferentemente con procesador de textos, polo que a/o alumna/o poderá levar o seu ordenador. Tamén poderá levar material de apoio (apuntamentos, dicionarios etc.). O exame terá lugar na data oficial fixada pola Xunta de Facultade para a convocatoria de xuño. 70

Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A
avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia.
Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia a un
80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de
sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá
comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes
correspondentes.

A opción pola avaliación continua implica a
renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente
por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza
maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o
sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá
acollerse á avaliación única.

A/o alumna/o que non supere a
materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un
exame con todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:

O
alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial
(avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia na data oficial fixada pola Xunta de Facultade para a convocatoria de xuño.

O exame final incluirá cuestións
teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo
do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5
sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador
(procesador de textos, dicionarios instalados e apuntamentos) e todo
tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel.
O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250
palabras, dúas preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas e unha pregunta sobre a lectura obrigatoria. Todos os exercicios farán media atendendo á seguinte relación: 85% para a tradución, 10% para as preguntas sobre estratexias tradutivas e 5% para a pregunta da lectura obrigatoria.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000