Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Alemán-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais, así como exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua (15%).
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos, análise textual ou corrección de traducións. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través das TIC (10%).
Metodoloxías integradas Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC (10%).
Traballos tutelados Inclúese aquí a encomenda de tradución que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua e que consistirá na tradución dun texto de aprox. 1500 palabras (35%). O alumnado contará coa tutela da profesora que lle explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións O alumnado exporá un comentario tradutivo dun texto traducido na casa. Haberá quenda de preguntas e debate.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000