Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais, así como exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua (15%).
|
Traballos de aula |
Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos, análise textual ou corrección de traducións. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través das TIC (10%). |
Traballos tutelados |
Inclúese aquí a encomenda de tradución que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua e que consistirá na tradución dun texto de aprox. 1500 palabras (35%). O alumnado contará coa tutela da profesora que lle explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
|
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria.
|