Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Alemán-Galego
   Contidos
Tema Subtema
Fundamentos da tradución entre alemán e galego de textos destinados á socialización do coñecemento técnico-científico Concepto de socialización do coñecemento técnico-científico e relevancia dos correspondentes (sub)xéneros textuais para a tradución alemán-galego. Habilitación en galego das linguas especializadas técnico-científicas. Identificación, caracterización e clasificación dos (sub)xéneros textuais destinados á socialización do coñecemento técnico-científico. Tipoloxía da tradución: a tradución instrumental e comunicativa. Modificacións substanciais na tradución comunicativa e tratamento tradutivo das discordancias interculturais. Ferramentas de traballo e documentación do tradutor.
Análise contrastiva e tradutiva dos caracteres esenciais dos textos alemáns destinados á socialización do coñecemento técnico-científico Constitución das unidades lexicais de especialidade. Sintagmas nominais complexos. Restritividade da modificación nominal. Verbos modais. Aspectos da cohesión textual.
Análise dos problemas e das estratexias da tradución de textos alemáns destinados á socialización do coñecemento técnico-científico Características dos (sub)xéneros ‘(artigo de) enciclopedia’, ‘manual de instrucións de utilización de produto da técnica (de uso xeral)’, ‘prospecto de medicamento’, ‘artigo de divulgación’, ‘libro de divulgación’ e ‘libro de texto’ en alemán e en galego. Problemas e estratexias de tradución.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000