Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula
Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula ou en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. A efectos de avaliación terase en conta a participación activa.
10 A1
A2
A3
A4
C1
C3
C8
C14
C17
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Realizaranse e entregaranse dúas encargas de tradución que contarán un 10% a primeira e 20% a segunda. En ambos os casos é necesario citar as fontes documentais consultadas e un comentario sobre as decisións de tradución. 30 A1
A2
A3
A4
C1
C3
C8
C14
C17
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en clase. 10 A4
C5
C8
C17
D6
D7
D17
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba de tradución na aula con tempo limitado (40%). A proba incluirá unha parte sobre a lectura obrigatoria, que se indicará ao principio do cuadrimestre e quedará referida na plataforma(10%). 50 A1
A2
A3
A4
C2
C3
C4
C8
C9
C14
C17
C28
D5
D6
D7
D8
D15
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá comunicar por escrito ao profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua. Se non o fai nese prazo entenderase que renuncia a ela. En todo caso, para poder acollerse a esta modalidade, é necesario entregar todas as tarefas nos prazos indicados. O alumnado que por motivos de traballo ou saúde non poida asistir a todas as clases deberá comunicarllo persoalmente ás profesoras.
Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua a nota de cada unha das partes deberá ser igual ou superior a 4.

AVALIACIÓN ÚNICA


No caso de non presentarse por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame final de avaliación única, que suporá o 100% da materia e terá lugar nas datas que se indiquen no calendario oficial.
O exame constará das seguintes partes:
. tradución do francés ao español (70% da nota da proba)
. comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
. pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará ao principio do cuadrimestre e quedará referida en Faitic (10% da nota da proba).
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO

No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da convocatoria de xullo, que suporá o 100% da materia e terá lugar na data oficial indicada polo Decanato.  
O exame constará das seguintes partes:
- tradución do francés ao español (70% da nota da proba)
- comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
- pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará ao principio do cuadrimestre e quedará referida en Faitic (10% da nota da proba).
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas.
Independentemente do sistema de avaliación elixido non superará a materia quen:
- Cometa máis de 2 faltas graves de ortografía, sintaxe, morfoloxía ou anacolutos.
- Presente máis de 1 contrasenso, falso sentido, sobretraducción ou infratraducción nas traducións
- Incorra en plaxio total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000