Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula ou en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. A efectos de avaliación terase en conta a participación activa. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos realizarán e entregarán dúas encomendas de tradución, que contarán un 30% da nota cada unha. 60
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba de tradución na aula con tempo limitado na penúltima sesión do cuadrimestre. A proba incluirá unha parte sobre a lectura obrigatoria, que se indicará ao principio do cuadrimestre e quedará referida e Faitic. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá comunicar por escrito ao profesorado nas dúas primeiras semanas
de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. En todo
caso, para poder acollerse a ela, é preciso asistir polo menos ao 80% das
horas presenciais. Aqueles alumnos que por motivos de traballo ou saúde non
poidan asistir a todas as clases, deberán comunicarllo persoalmente á
profesora.

Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua a nota de cada unha das partes deberá ser igual ou superior a 4.

AVALIACIÓN ÚNICA

No caso de non presentarse por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame final de avaliación única, que suporá o 100% da materia e terá lugar na penúltima sesión do cuadrimestre. O exame constará das seguintes partes:

  •  tradución do francés ao castelán (70% da nota da proba)
  • comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
  • pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará ao principio do cuadrimestre e quedará referida en Faitic (10% da nota da proba).

Poderanse usar dicionarios.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO

No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da convocatoria de xullo, que suporá o 100% da materia e terá lugar na da ta oficial indicada polo Decanato. O exame constará das seguintes partes:

  •  tradución do francés ao castelán (70% da nota da proba)
  • comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
  • pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará ao principio do cuadrimestre e quedará referida en Faitic (10% da nota da proba).

Poderanse usar dicionarios.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000