O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas
de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. En todo
caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das
horas presenciais. Aquelas persoas que por motivos de traballo non
poden asistir a todas as clases, deben comunicalo persoalmente á
profesora para que esta tome as medidas compensatorias que considere
pertinentes. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO O alumnado que se acolla á avaliación continua e
obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á
convocatoria extraordinaria de xullo. Se ten unha nota media
superior a 5 no tres apartados: Avaliación de lecturas (5%),
Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%) , só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de maio. Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (20%) e Traballos de aula (15%) deberá realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación: 1. Tradución con tempo limitado (2,5 horas): 70% da nota 2.
Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial
e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito
encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota A nota
mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre
ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará
o encargo de tradución e a nota final será a do exame. A
non entrega do encargo implicará o suspenso da materia. AVALIACIÓN ÚNICA O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase o día 13 de maio a unha proba que consistirá en: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota 2.
Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame
oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no
devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota A
nota mínima da tradución con tiempo limitado para facer a media
entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non
se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame.
A non entrega do encargo implicará o suspenso da materia. De non aprobar na convocatoria de maio, o alumnado deberá presentarse á convocatoria de xullo e repetir ambas as partes. |