Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula O/a estudante elabora traducións na aula baixo as directrices e supervisión das docentes. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento coas actividades autónomas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado realizará individualmente encargos de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
Titoría en grupo Nas titorías grupais revisaranse as encomendas e proxectos e solventaranse as dúbidas dos alumnos.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en clase.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia no referido aos seus obxectivos, contidos, actividades que levarán a cabo e avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000