Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución. 10 A1
A2
A3
A4
C3
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
C22
D4
D7
D8
D22
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de manera individual, un traballo encomendado a principios de curso. Serán traballos de investigación de campo e/ou lecturas para asimilar os contidos teóricos. 15 A1
A3
A4
D12
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado 2 textos para seren traducidos na aula que tenten simular situacións reais de traballo.
1.ª proba último día de clase antes do periodo de traballo autónomo, é dicir, na semana 18/03/2016 (10%)
2.ª proba será o penúltimo día de aulas do 2.º cuadrimestre, é dicir, na semana do 06/05/2016 (25%)
35 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
C22
D4
D7
D8
D22
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba oral en francés o último día de clases do 2ª cuadrimestre ( na semana do 09/05/2016). 10 A1
A4
C4
C13
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O PLAXIO SERÁ MOTIVO DE SUSPENSO

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non entregue os exercicios nos prazos marcados deberá acollerse á avaliación única e realizar as probas que se especifican nos apartados para non asistentes. 

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria PARA A 2.ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo) nas condicións que se especifican máis abaixo.

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) PARA NON ASISTENTES

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos  do curso: 20% da nota (na semana do último día de clases, é dicir na semana do 09-05-2016)

2. Tradución con tempo limitado (1 h 45') na semana do  6-05-2016 na AULA C10 dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática.

3. Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado non asistente o penúltimo día de clases (na semana do 06 de maio de 2016), é dicir o día da proba con tempo limitado. Deberá entregar a tradución segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota.

B.  2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) ASISTENTES E NON ASISTENTES. 

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos  do curso: 20% da nota

2. Tradución con tempo limitado (1h 45') o día INDICADO NA PÁXINA WEB DA FFT  dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática.

3.  Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado o día do exame oficial (Vid. WEB FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota.

NOTAS: 

Será preciso aprobar cada unha das partes (mínimo 5/10) para poder facer a media. 

O plaxio será penalizado coa cualificación de suspenso.

 

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000