Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30
Presentacións/exposicións
O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. Serán traballos de investigación de campo e lecturas para afondar en contidos teóricos.
15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos na aula que tenten simular situacións reais de traballo.
1ª proba 16/2/2015 (10%)
2ª proba 24/4/2015 (25%)
35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba oral en francés o 27/04/2015. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar ao docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. 

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria PARA A 2ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo) nas condicións que se especifican MÁIS ABAIXO

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) PARA NON ASISTENTES

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos  do curso:20% da nota (O DÍA 27-04-2015)

2. Tradución con tempo limitado (2:00 h) o día 24 de abril de 2015 na AULA C10 dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática.

3. Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado non asistente o 24 de abril de 2015, é dicir o día da proba con tempo limitado. Deberá entregar a tradución segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota.

B.  2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) ASISTENTES E NON ASISTENTES. 

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos  do curso:20% da nota

2. Tradución con tempo limitado (2:00 h) o día INDICADO NA PÁXINA WEB DA FFT  dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática.

3.  Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado o día do exame oficial (Vid. WEB FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais:40% da nota.

NOTAS: 

Será preciso aprobar cada unha das partes (mínimo 5/10) para poder facer a media. 

O plaxio será penalizado coa cualificación de suspenso.

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000