Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30
Presentacións/exposicións
O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. Serán traballos de investigación de campo e lecturas para afondar en contidos teóricos.
15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo. 35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba oral. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar ao docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais.


 


O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo nas condicións que se especifican a continuación:


1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da lingua de partida, sobre teoría, libro e lecturas de artigos  do curso: 20% da nota


2. Tradución con tempo limitado (1:30 h) dunha extensión aproximada de 600 palabras: 40% da nota. Pódese usar documentación en papel e telemática.


3. Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado a última semana de aulas ou o penúltimo día de clase e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota


 


Será preciso aprobar cada unha das partes para poder facer a media. O plaxio será motivo de suspenso


 


CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO


 


O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase: 


- na última semana ou penúltimo día de aulas do cuadrimestre ou ben 


-no mes de xullo e/ou decembro (na data oficial establecida pola facultade) a unha proba que consistirá en:


1. Proba oral en francés con preguntas teóricas sobre a teoría, as lecturas e artigos do curso: 20% da nota


2. Tradución con tempo limitado (1:30 h) aproximadamente 600 palabras. Pódese usar material en papel e telemático. 40% da nota


3. Encomenda de tradución con comentario que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota.


O plaxio será penalizado coa cualificación de suspenso.


 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000