Sesión maxistral |
As 7h de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución dende o francés cara ao galego en Galicia e a explicar o proceso tradutor. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Neste apartado de 26 horas, o alumnado deberá elaborar de forma autónoma traducións, pero baixo a supervisión da profesora. Realizaranse ademais exercicios de análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II 3, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais. |
Traballos tutelados |
O alumno deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución ou/e sobre o mercado laboral presentadas nas clases, que será tutelado pola profesora. Durante as 2 horas presenciais dedicadas a este apartado, o docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para a tradución de textos de índole xeral. |