Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Subjects
  Translation language 2, III: French-Galician
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Introductory activities Neste apartado de 2h a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén a bibliografía e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Master Session As 7h de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución dende o francés cara ao galego en Galicia e a explicar o proceso tradutor. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Troubleshooting and / or exercises Neste apartado de 26 horas, o alumnado deberá elaborar de forma autónoma traducións, pero baixo a supervisión da profesora. Realizaranse ademais exercicios de análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II 3, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Tutored works O alumno deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución ou/e sobre o mercado laboral presentadas nas clases, que será tutelado pola profesora. Durante as 2 horas presenciais dedicadas a este apartado, o docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentations / exhibitions Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en francés ou galego na clase.
Autonomous practices through ICT Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para a tradución de textos de índole xeral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000