Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado de 2h a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén a bibliografía e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Sesión maxistral As 7h de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución dende o francés cara ao galego en Galicia e a explicar o proceso tradutor. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado de 26 horas, o alumnado deberá elaborar de forma autónoma traducións, pero baixo a supervisión da profesora. Realizaranse ademais exercicios de análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II 3, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución ou/e sobre o mercado laboral presentadas nas clases, que será tutelado pola profesora. Durante as 2 horas presenciais dedicadas a este apartado, o docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en francés ou galego na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para a tradución de textos de índole xeral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000