Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado de 2h a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén a bibliografía e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Resolución de problemas Neste apartado de 36 horas, o alumnado deberá elaborar de forma autónoma traducións, pero baixo a supervisión da profesora. Realizaranse ademais exercicios de análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II 3, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Presentación Durante as 6 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en francés ou galego na clase.
Traballo tutelado O alumnado elabora traducións na aula baixo directrices e supervisión docente. Estes traballos poden estar vinculados aos traballos discentes fóra de aula.
Seminario Revisión de tarefas e proxectos e resolución de dúbidas do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000