Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A asistencia e participación activa en clase medirase polo traballo realizado nas actividades de resolución de problemas e/ou exercicios e teráse en conta na nota final. 0 C4
C8
C18
C22
Traballos de aula Avaliaranse dúas traducións en grupo. 15 C4
C8
C18
D22
Probas de resposta longa, de desenvolvemento 1) Teoría na que se examinará ao alumno tanto dos contidos explicados nas clases maxistrais como os das lecturas obrigatorias.
2) Práctica, que consistirá na tradución e comentario xustificativo dun texto con axuda de dicionarios en formato papel.
DATAS:
TEORÍA (20 %): semana do 9 ao 13 de abril
PRÁCTICA (30 %): maio, na data fixada polo calendario exames oficiais aprobado pola FFT.
O alumnado terá que aprobar as dúas partes da proba para aprobar a materia.
50 C4
C8
C17
C18
C22
D4
D7
D14
D22
Traballos e proxectos Encargo: tradución e comentario tradutolóxico individual dun texto de LIX (30 %).
DATA: semana do 19 ao 23 de marzo.

Traballo individual novela obrigatoria
(5 %). Data entrega: semana do 26 de febreiro ao 2 de marzo.
35 C4
C8
C17
C18
C22
C27
D4
D7
D14
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Para ser avaliado na primeira edición de actas deberá entregar todos os traballos que se soliciten (avaliables ou non). O alumnado debe aprobar as dúas partes do exame para ter en conta as notas de avaliación continua e poder superar a materia.

Os alumnos que non alcancen a nota mínima presentaranse en xullo ás partes do exame non superadas (coa correspondente porcentaxe na nota final). As partes aprobadas só se gardarán ata a edición de xullo.

AVALIACIÓN ÚNICA 

Exame final na data marcada no calendario de exames (maio/xullo) da FFT que abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (o alumno terá que aprobar cada unha das partes para aprobar a materia). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

A avaliación terá en conta a corrección lingüística en todas as tarefas.

ALUMNADO ERASMUS

Necesítase un nivel B2 de lingua A español. Farase unha proba as primeiras semanas de clase.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000