Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. Para ser avaliado na primeira edición de actas deberá entregar todos os traballos que se soliciten (avaliables ou non). O alumnado debe aprobar as dúas partes do exame para ter en conta as notas de avaliación continua e poder superar a materia.
Os alumnos que non alcancen a nota mínima presentaranse en xullo ás partes non superadas. As partes aprobadas só se gardarán ata a edición de xullo.
AVALIACIÓN ÚNICA
Exame final na data marcada no calendario de exames (maio/xullo) da FFT que abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (o alumno terá que aprobar cada unha das partes para aprobar a materia). O exame realizarase na lingua termo da combinación da materia.
Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.
A avaliación terá en conta a corrección lingüística en todas as tarefas.
ALUMNADO ERASMUS
Necesítase un nivel B2 de lingua A español. Farase unha proba as primeiras semanas de clase.