Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame teórico dos contidos. 25
Traballos e proxectos Proxecto de curso: simulación de encomenda profesional (inglés > español). 50
Estudo de casos/análise de situacións Exame práctico no que se dará conta da aprendizaxe teórico-práctica da materia a través de diferentes estudos de caso. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (80% de presencialidade). Porén, se algún alumno, por causa xustificada, non pode seguir este sistema de avaliación, deberá presentar nas dúas primeiras semanas de clase un escrito asinado especificando este particular. Nese caso, presentarase ao exame de avaliación única, que o docente fixará coa devandita antelación (avisarase tanto na aula como a través da plataforma TEMA) e que terá lugar nas últimas sesións da materia; este exame, que se contestará en español, abranguerá tódolos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (preguntas teórico-prácticas baseadas na maioría en estudos de caso) e a el poderanse levar dicionarios, material de curso, apuntamentos e poderá usarse internet (non correo electrónico). A nota dese exame será a nota final.

Os alumos que opten polo sistema de avaliación continua e non superen a materia ou desexan subir nota tamén poderán presentarse ao exame oficial de xuño (ou de calquera convocatoria subseguinte), que incluirá tódolos contidos da materia. No caso dos alumnos que se presenten ao devandito exame para subir nota, enténdese que renuncian á súa nota da avaliación continua.

Con respecto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que estes (ou partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0.

Nas diferentes probas, que fan media segundo as porcentaxes indicadas, terán sempre que acadar a puntuación mínima de 5.

INCLUIRASE UNHA PREGUNTA NAS PROBAS DE DESENVOLVEMENTO SOBRE A OBRA LITERARIA OBRIGATORIA DE CURSO.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000