Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo As titorías grupais son sesións de dúbidas e resolución das mesmas entre todos, coa guía da profesora, encamiñadas a planificar e preparar as encomendas de curso.
Resolución de problemas e/ou exercicios Os puntos teóricos explicados nas clases maxistrais exercitaranse a través de actividades de resolución de problemas ou exercicios que se levarán a cabo en clase en parellas ou en grupos reducidos.
Traballos de aula Os traballos de aula son máis amplos que as tarefas de resolución de problemas e exercicios. Trátase de traballos guiados que fomentarán a aprendizaxe autónoma dos alumnos e que se levarán a cabo na aula, na biblioteca ou na sala de ordenadores da facultade.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os puntos teóricos explicados nas clases maxistrais exercitaranse a través de actividades de resolución de problemas ou exercicios que o alumno realiza individualmente na casa.
Estudos/actividades previos Hai no curso unha serie de lecturas obrigatorias (e outras recomendadas). O alumno deberá asimilar as primeiras, de cuxo contido se examinará.
Sesión maxistral Nas clases maxistrais explicaranse os puntos teóricos que logo se exercitarán a través de distintas actividades e traballos.
Obradoiros Os obradoiros están concibidos como sesións monográficas sobre diferentes especialidades de tradución (cómic, subtitulación, literatura infantil, divulgación científica, mercado da tradución, tradución e edición, etc.).
Actividades introdutorias Durante a primeira sesión explicaranse os obxectivos que se acadarán, o temario, a forma na que se desenvolve a docencia e o sistema de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000