Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Subjects
  Translation language 2, III: English-Spanish
Subject Guide
IDENTIFYING DATA 2014_15
Subject Tradución idioma 2, III: Inglés-Español Code V01G230V01610
Study programme
Grao en Tradución e Interpretación
Descriptors Total Cr. Type Year Quadmester
6 Mandatory 3 2c
Teaching language
Castelán
Prerequisites
Department Tradución e lingüística
Coordinator
Rodríguez Rodríguez, Beatriz María
E-mail brodriguez@uvigo.es
Lecturers
Álvarez Raposeiras, Cayetana Teresa
Rodríguez Rodríguez, Beatriz María
Web
General description Esta materia obrigatoria de 6 créditos ECTS está situada no segundo cuadrimestre do terceiro curso do Grao en Tradución e Interpretación. A materia, maioritariamente de tradución directa, mantén estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e procedimentais coas demais materias do grao, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ó alumnado para encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.
A materia concíbese como un espazo didáctico en que a/o alumna/o deberá alcanzar competencia na resolución de problemas de dificultade media de tradución de textos xerados en contextos xerais de dificultade media na combinación lingüística inglés > español, sensibilizarse cos aspectos culturais dalgunha das comunidades de falantes da lingua estranxeira e desenvolver as súas habilidades e competencias profesionais na tradución de textos xerais de dificultade media redactados en inglés. Enténdese que o alumno está familiarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución, da tradución do inglés ao español (adquiridos a partir das materias “Tradución Idioma II, 1 inglés-español” e “Tradución Idioma II, 2 inglés-español”) e que posúe coñecementos razoables das linguas de traballo. Dado que o inglés é a súa segunda lingua estranxeira, suponse que a súa competencia cultural no contexto das comunidades angloparlantes está nun nivel baixo-medio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000