Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Tradución idioma 2, III: Inglés-Español Código V01G230V01610
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Rodríguez Rodríguez, Beatriz María
Correo-e brodriguez@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Raposeiras, Cayetana Teresa
Rodríguez Rodríguez, Beatriz María
Web
Descrición xeral Esta materia obrigatoria de 6 créditos ECTS está situada no segundo cuadrimestre do terceiro curso do Grao en Tradución e Interpretación. A materia, maioritariamente de tradución directa, mantén estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e procedimentais coas demais materias do grao, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ó alumnado para encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.
A materia concíbese como un espazo didáctico en que a/o alumna/o deberá alcanzar competencia na resolución de problemas de dificultade media de tradución de textos xerados en contextos xerais de dificultade media na combinación lingüística inglés > español, sensibilizarse cos aspectos culturais dalgunha das comunidades de falantes da lingua estranxeira e desenvolver as súas habilidades e competencias profesionais na tradución de textos xerais de dificultade media redactados en inglés. Enténdese que o alumno está familiarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución, da tradución do inglés ao español (adquiridos a partir das materias “Tradución Idioma II, 1 inglés-español” e “Tradución Idioma II, 2 inglés-español”) e que posúe coñecementos razoables das linguas de traballo. Dado que o inglés é a súa segunda lingua estranxeira, suponse que a súa competencia cultural no contexto das comunidades angloparlantes está nun nivel baixo-medio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000