Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Metodoloxías integradas Realización e defensa dunha tradución especializada 25 C1
C2
C4
C10
C18
C22
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de tarefas propias da tradución profesional (encargas de tradución, revisión, etc.) 25 C17
C29
C31
D2
D4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de dúas probas presenciais 50 D7
D9
D14
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta materia, existen dous
sistemas de avaliación: continua e única. Estes son incompatibles e hai que
optar por un ou outro nas primeiras sesións. Para acollerse á avaliación
continua é preciso participar en todas as actividades da materia e realizar as
probas e encargas correspondentes. As metodoloxías descritas na sección
"Avaliación" desta guía docente fan referencia á avaliación continua.

A avaliación continua engloba a avaliación formativa na clase (proba
diagnóstica, debate sobre solucións, erros e estratexias de tradución,
corrección de textos) e a avaliación sumativa —isto é, a puntuación para a obtención
da cualificación final— das seguintes probas ou encomendas:

1) Realización individual dunha tradución, entrega durante a semana de 20 a 26 de febreiro (15%).

2) Encomenda colectiva dunha tradución, entrega durante a semana de  (10%).

3) Proba non presencial de tradución, entrega durante a última semana de sesións (30%).

4) Proba presencial de revisión e xustificación de traducións —que pode
incluír a tradución dun texto—, así como de coñecementos de xestión. Esta proba realízase durante a penúltima sesión de aula (45%).

A avaliación única consistirá nun exame presencial que inclúe unha proba de tradución de textos tematicamente vinculados aos revisados durante as sesións (dispoñibles en Faitic) e outra proba teórica sobre os coñecementos relacionados coa tradución profesional de inglés a galego, dispoñibles en Faitic. A data deste exame é durante a penúltima sesión de aula.

Outros comentarios
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000