Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Metodoloxías integradas Realización e defensa dunha tradución especializada 25
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de tarefas propias da tradución profesional (encargas de tradución, revisión, etc.) 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de dúas probas presenciais 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous
sistemas de avaliación: continua e única. Estes son incompatibles e hai que
optar por un ou outro nas primeiras sesións. Para acollerse á avaliación
continua é preciso participar en todas as actividades da materia e realizar as
probas e encargas correspondentes, así como asistir a un 80% das clases impartidas por cada docente. As metodoloxías descritas na sección
"Avaliación" desta guía docente fan referencia á avaliación continua.

-----

A avaliación continua engloba a avaliación formativa na clase (proba
diagnóstica, debate sobre solucións, erros e estratexias de tradución,
corrección de textos) e a avaliación sumativa —isto é, a puntuación para a obtención
da cualificación final— das seguintes probas ou encomendas:

1) Realización e defensa individuais dunha tradución especializada, á volta
do período de traballo autónomo (25%).

2) Encomenda colectiva dunha tradución xustificada (25%).

3) Proba presencial de revisión e xustificación de traducións —que pode
incluír a tradución dun texto—, así como de coñecementos de xestión (25%).

4) Proba presencial de tradución de banda deseñada (25%).

Os puntos 1, 2 e 3 serán avaliados pola profesora Lara Domínguez e o punto 4
pola profesora Liliana Valado.

-----

A avaliación única consistirá nun exame presencial (60%) e nunha encomenda de tradución xustificada (40%). O exame consistirá na realización de tarefas e avaliación de coñecementos relacionados coa tradución profesional de inglés a galego. A/o alumna/o que desexe presentarse á avaliación única ou á segunda convocatoria deberá poñerse en contacto coas docentes un mes antes da finalización das clases (no caso de avaliación única) ou da data oficial de exame (no caso da segunda convocatoria) para informarse sobre as características da encarga de tradución, que deberá entregar no día da proba de avaliación presencial (única ou segunda convocatoria).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000