Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Proxectos breves de tradución.
Entregaranse 3 proxectos breves de tradución, cada un dos cales representará un 20% na nota final.
Proxecto 1: data de entrega 7 de marzo
Proxecto 2: data de entrega 7 de abril
Proxecto 3: data de entrega 19 de maio
60
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba presencial de avaliación
Data: 14 de febreiro
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Entrega traballo lectura novela obrigatoria (5%). Data: 21 de marzo
Exame final (25%) que consistirá nunha tradución e un comentario de dificultades.
Data: 25 de abril de 13 a 15h.
O alumnado terá que aprobar esta proba para aprobar a materia
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación continua, o alumnado deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ó 80% das sesións presenciais de clase.


Con respecto á corrección dos exames e traballos, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Dous erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame.


Nos exames permitirase o uso de dicionarios, ordenador con conexión a internet e outros materiais.


No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá comunicalo por escrito o primeiro mes de clase e deberá realizar un único exame o 25 de abril ás 13.00h que será o 100% da nota final. O exame consistirá na realización dunha tradución dun texto dunhas 350 palabras e un comentario de dificultades. Os alumnos de avaliación única terán tamén unha pregunta sobre a novela de lectura obrigatoria. Aplicarase o mesmo ó exame de xullo.


Na convocatoria de xullo todo o alumnado deberá realizar un único exame da data oficial fixada polo Centro. A cualificación da convocatoria de xullo será, para todo o alumnado, a do exame, que consistirá na realización dunha tradución dun texto dunhas 350 palabras e un comentario das dificultades. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000