Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Axeitamento das traducións realizadas e entregadas á encarga e á situación de tradución 40
Prácticas autónomas a través de TIC Valoración das distintas actividades realizadas polo alumno en TEMA 25
Sesión maxistral Probas propostas ó fio dos contidos das sesións maxistrais 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumnado deberá participar en tódalas actividades previstas na materia e asistir ó 80% das sesións presenciais de clase.

Nas distintas probas propostas será imprescindible responder tódalas preguntas. Poderase responder en calquera das dúas linguas de traballo da materia.

O alumnado poderá realizar un traballo voluntario de fin de curso que recibirá unha puntuación máxima de 2 puntos, que se sumarán á nota final obtida no proceso de avaliación. O traballo consistirá na tradución e comentario dun texto, elixido entre o profesor e o alumnado, de entre 10 e 15 folios de extensión (18.000-28.000 caracteres). O prazo para entregar este traballo rematará o día do exame final oficial e será improrrogable. O traballo entregaráselle ó profesor en man e impreso.

Con respecto á corrección dos exames e traballos, cómpre sinalar que se lle prestará unha especial atención ó dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán calquera exame.

Nos exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a internet e outros materiais.

No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberán realizar un único exame nunha das últimas sesións de clase do cuadrimestre; a data concreta anunciarase con antelación na platafrorma FAITIC. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame na data fixada pola facultade. O exame terá unha parte teórica (resposta a unha pregunta sobre a parte teórica do temario; valor 50%) e outra práctica (tradución dun texto dunhas 350 palabras; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000