Debates |
Participación activa na posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Detección, investigación, resolución e xustificación dos numerosos casos e tipos de problemas de tradución que poden xurdir na tradución dos distintos exemplos e tipoloxías de textos propostos na clase. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Simulación de situacións reais de tradución e toma de decisións por parte de alumnado sobre os numerosos factores que inflúen na realización dun traballo de tradución de calidade (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...). |