Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
A tradución especializada de inglés a galego Realidades, necesidades e posibilidades de tradución entre o inglés e o galego.
Achegamento e recoñecemento da diversidade e amplitude do universo textual no ámbito especializado.
Afondamento na identificación e análise contrastiva e tradutiva dos usos e convencións das linguas inglesa e galega.
Recursos para a tradución especializada de inglés a galego. Terminoloxía, aplicacións, programas de apoio, ferramentas informáticas, documentación, recursos humanos.
A xestión e planificación do traballo de tradución de inglés a galego: decisións que inflúen na calidade e procedementos habituais do sector Recreación do proceso de aceptación, xestión e realización dunha tradución no ámbito profesional (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...).
Crítica e xustificación das decisións que se toman ao longo do proceso de planificación e xestión dunha tradución.
Tradución de textos de temática e dificultade variada de inglés a galego Encargas e realización individual e colectiva de traballos de tradución reais ou textos susceptibles de seren traducidos no ámbito profesional.
Os factores que inflúen no trasvase intercultural, o propósito da tradución, as implicacións culturais, as limitacións de formato, o paratexto.
A adaptación, a tradución á vista.
Crítica e xustificación das decisións que se toman ao longo do proceso de realización dunha tradución, desenvolvemento da pericia.
Revisión e corrección de textos:
procedementos
Os símbolos de corrección, o alcance da revisión, tipos de revisión, o formato da revisión, a corrección lingüística e a revisión traductora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000