Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense a aprendizaxe baseada en proxectos, a aprendizaxe colaborativa en función da distribución de alumnos e a resolución de problemas de forma autónoma.

* Metodoloxías docentes que se modifican
A resolución de problemas mediante encomendas ou exercicios de aula levarase a cabo a través de Internet, facendo uso das ferramentas dispoñibles para profesorado e alumnado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán realizarse en modo presencial ou a través de Internet, coas ferramentas dispoñibles para o profesorado e o estudantado.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se prevé modificación de contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a autoaprendizaxe
A bibliografía básica indicada na guía docente irase enriquecendo por temas e quedará reflectida en Faitic, tanto no caso de docencia presencial, como semipresencial ou non presencial.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Manteranse as mesmas probas avaliables co mesmo peso, xa que case todas son trasladables á modalidade non presencial sen modificacións. O único cambio que sería preciso serían as condicións da presentación. Como queda indicado na guía docente, esta poderá levarse a cabo na aula ou a través de Internet, coas adaptacións precisas.

* Información adicional

Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000