Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Español
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Idioma moderno: Idioma 1, IV: Francés/V01G230V01404

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 1, I: Francés/V01G230V01104
Idioma moderno: Idioma 1, II: Francés/V01G230V01204
 
Outros comentarios
O alumnado ha de asumir que a súa lingua B (o francés) debe empezar a ser tan súa como a súa lingua A (o español). O tradutor ha de ser sempre un excelente redactor na lingua de chegada, por moito que esta sexa unha L2 para el. Para iso debe adquirir previamente determinadas estratexias que lle permitan reformular correctamente en francés o sentido do texto de partida redactado en español procurando facer gala da maior claridade á hora de expresarse en lingua francesa. Velaquí unha breve listaxe dos coñecementos previos e destrezas básicas que se consideran ferramentas indispensable do traballo discente para esta materia: -Dominio das normas cultas das dúas linguas de traballo e, por conseguinte, máxima corrección tanto na expresión escrita como na expresión oral. -Lectura intensiva, extensiva e selectiva de textos escritos nas dúas linguas de traballo -Interpretación de textos ou discursos (detección de dobres sentidos e implícitos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica, etc. ) escritos ou orais nas dúas linguas de traballo -Coñecementos básicos de ofimática, comunicación electrónica e Internet: procesador de textos; correo electrónico; navegadores; léxicos, glosarios, dicionarios e enciclopedias en formato electrónico en liña e off line; correctores ortográficos, etc. -Uso eficiente dos fondos bibliotecarios, fontes de documentación e dicionarios en formato papel Para conseguir estes prerrequisitos proponse o seguinte plan de traballo que o alumno debería realizar antes de empezar o período de docencia: -Estudo pormenorizado do Bon usage da lingua francesa (véxase apartado correspondente na bibliografía) -Exercicios de lectura intensiva, extensiva e selectiva, en papel e en pantalla de textos escritos nas dúas linguas de traballo -Uso cotián do computador, a «pluma do tradutor do século XXI», con vistas á familiarización no manexo dos distintos programas e dos novos formatos hipertextuales -Sesións de traballo práctico na rede: procura e consulta de fontes de información terminolóxica (léxicos, glosarios, dicionarios, enciclopedias) e documental; xestión de contas de correo electrónico; envío telemático de arquivos, etc. -Asistencia aos cursos de formación ofrecidos pola Biblioteca Central da Universidade de Vigo e pola Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000