Na plataforma FAITIC especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de tradución inversa que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua.
En todas as probas propostas será imprescindible responder a todas as preguntas.
No exame final da avaliación continua haberá dúas probas de tradución inversa español-francés: unha na que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material, e outra na que si se permitirá o uso de dicionarios e de calquera tipo de material.
A copia ou o plaxio serán penalizadas.
Con respecto á corrección tanto de todas e cada unha das probas do curso como do exame (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) cabe sinalar que se prestará unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfolóxicas e sintácticas da lingua francesa. Atención! Tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos invalidan calquera proba.
No caso de alumnos que non se acollan á avaliación continua, o exame final da avaliación única (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT), constará de tres probas: unha parte teórica (respostas redactadas completamente en francés a unhas preguntas teóricas do temario: valor 50%) e outra parte práctica que consistirá en catro probas escritas de tradución inversa español-francés: dous na que non se permitirá o uso de dicionarios nin de ningún tipo de material, e outras dúas na que si se permitirá o uso de dicionarios e de calquera tipo de material. Ademais concertarase unha cita co profesor para a realización de unha proba oral na que o alumnado responderá, en francés, ás preguntas formuladas polo profesor.
A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua, a avaliación única, que se acaba de describir no parágrafo anterior.