Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do curso e do programa detallado.
Presentación da páxina facebook docente e dos dous blogues de investigación que constituirán unhas ferramentas de uso diario por parte do alumnado ao longo de todo o curso académico:
-Páxina Facebook Docente (https://www.facebook.com/joseyustefrias)
-Blogue de Yuste. On e sème à tout vent (http://www.joseyustefrias.com/index.php/blogue)
-Sur lles seuils du traduire (http://seuils.hypotheses.org/)
Estudo de casos/análises de situacións Traballarase en clase con encargos reais de tradución inversa español-francés ante os cales o alumnado deberá tomar unha serie de decisións sobre como realizalos e solucionar os problemas de xestión que se presenten. Sen esquecer nunca o minucioso e sempre imprescindible traballo de revisión e corrección dos textos traducidos antes de entregalos.
Prácticas autónomas a través de TIC A través da plataforma privada TEMA e doutro TIC públicas da web 2.0 o alumnado deberá desenvolver e entregar traballos, responder a encargos, participar en debates, sen esquecer comentar as entradas e artigos que sobre tradución xurídico-administrativa en xeral e sobre TIMS, moi en particular, aparecerán publicadas na páxina facebook docente e nos dous Blogues de Investigación do profesor titular que imparte a materia:
-Páxina Facebook Docente (https://www.facebook.com/joseyustefrias)
-Blogue de Yuste. On e sème à tout vent (http://www.joseyustefrias.com/index.php/blogue)
-Sur lles seuils du traduire (http://seuils.hypotheses.org/)
Sesión maxistral O profesor presentará:
a) cada unha das unidades temáticas do programa que servirán de marco de traballo para a realización das prácticas de tradución inversa español-francés,
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encargo de tradución inversa español-francés
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma En canto á resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma e fóra da aula, todos os alumnos teñen a «obriga» de levar consigo un caderno de peto; unha especie de «carné de notes» ao que, moi adecuadamente, chamamos «calepin» e que o profesor recollerá todas as semanas. Nela cada alumno anota todas as súas dúbidas, reflexións e calquera comentario sobre a tradución, en xeral, e a tradución inversa español-francés, moi en particular. Anotacións particulares (moitas veces repletas de inquietudes) que, ao longo da semana, cada alumno puidese acumular tanto dentro como fóra do contexto universitario (nos medios de comunicación, na rúa, nunha conversa, nos seus intres de lecer, cando están a comer, cando ven unha película, etc.). O que se pretende é que o alumno utilice o maior número posible de canles (oído, vista, palabra e tacto) para reflexionar sobre a práctica tradutora en situacións comunicativas nada académicas, que só poden producirse fóra das aulas. Cada semana o profesor elixirá a idea que lle pareceu máis suxestiva e subiraa a FAITIC montando a unidade didáctica correspondente.
Co seu «calepin» o alumno tirará maior proveito da súa asistencia a conferencias, congresos, seminarios, cursos ou xornadas relacionadas directa ou indirectamente coa materia. Evidentemente, na era dixital e dados os tempos de e-learning que corren, as novas tecnoloxías poden converter o calepin nun portafolio electrónico levado polo propio alumno.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000