Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Realizaranse e entregaranse 5 encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se abordan na aula. Elaborarase unha nota media a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. 100 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C8
C17
C18
C22
C24
C30
D2
D4
D7
D8
D13
D15
D16
D18
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (MAIO DE 2018)

Avaliación única

O alumnado de avaliación única deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica para a realización da proba.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

Avaliación continua

Os resultados da avaliación obtéñense mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de encomendas. A nota media dese bloque metodolóxico calcularase a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. Os resultados da avaliación continua proceden dunha serie de 5 encomendas que levarán nota ó longo do cuadrimestre. A primeira encomenda deberá entregarse na semana do 9 ó 11 de febreiro, a segunda encomenda na semana do 26 de febrero ó 2 de marzo, a terceira na semana do 19 ó 23 de marzo, a cuarta na semana do 9 ó 13 de abril e a quinta na semana do 23 ó27 de abril. O 100% da nota final calcularase facendo media das tres mellores notas das cinco notas obtidas.

CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO DE 2018)

Avaliación única

O alumnado de avaliación única deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica.Este exame consistirá nunha tradución gl>f rcon tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non serque o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica para a realización da proba.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no díado exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

Avaliación continua

O alumnado de avaliación continua que non aprobase na convocatoria da primeira edición de actas deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica para a realización da proba.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó docente a súa intención de presentarse. Nese caso o docente comunicaralle por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

OUTROS COMENTARIOS

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquel alumnado que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razón xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos en faitic.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000