Avaliación continua Nas dúas primeiras semanas de clase, o alumnado deberá comunicarlle ó
docente a súa intención de acollerse á avaliación continua. En todo caso, para
poder manterse dentro desa modalidade de avaliación continua, deberá asistir
polo menos ó 80% das horas presenciais. As competencias do alumnado serán avaliadas en función de tres metodoloxías
diferentes: a) Mediante a resolución de exercicios, baixo a forma de tradución de
encomendas (60% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico
calcularase a partir das 3 mellores notas das 5 encomendas. A primeira
encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de febreiro de 2015.
A segunda encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de marzo
de 2015. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na terceira semana
de marzo de 2015. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na segunda
semana de abril de 2015. A quinta encomenda de tradución deberá entregarse na cuarta
semana de abril de 2015. b) Mediante a calidade das respostas achegadas durante a fase de traballo de
campo na saída de estudos (20% da nota final). No caso de que as circunstancias
impedisen o desenvolvemento da saída de estudos, a porcentaxe da nota final
correspondente a esta metodoloxía de avaliación (20%) transferirase para o
bloque de tradución de encomendas. Estas pasarán a representar o 80% da nota
final. c) Mediante a corrección da proba práctica na aula (20% da nota final). A
proba práctica en aula terá lugar o martes 28 de abril de 2015. Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2015) O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame
final e único fixado para o martes 28 de abril de 2015. Este exame consistirá
en: a) Tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. A non ser
que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta
electrónica. b) Encomenda de tradución gl>fr que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas nun máximo de 7 días
naturais: 40% da nota. É preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer
media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima
de 4 sobre 10. Non se conservará ningún aprobado parcial para a convocatoria da segunda
edición de actas (xullo). Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2015) O alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas probas da avaliación
continua ou na convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2015) deberá
presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) fixada para o 6
de xullo de 2015 ás 12.00 horas na aula C4A. A proba consistirá en: a) Unha tradución gl>fr a realizar na aula con tempo limitado (2 horas):
60% da nota. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar
ningunha ferramenta electrónica. b) Unha encomenda de tradución gl>fr que recibirá o alumnado o día do
exame e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nun máximo de 7
días naturais: 40% da nota. Será preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer
media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima
de 4 sobre 10. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O
exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non se poderá
repetir. Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo
docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame
realizado. |