Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral [réxime de avaliación continua]
O alumnado responderá ó enunciado dunha proba relativa ós coñecementos impartidos nas sesións teóricas ("Habiletés" e "Repères"). A resposta consistirá nun desenvolvemento crítico do que o profesor explicará as pautas.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma [réxime de avaliación continua]
A avaliación terá en conta a capacidade de progresión do alumnado. Polo tanto a nota calcularase a partir das 3 mellores de (como mínimo) 5 encargas entregadas ó longo do semestre, unha por ámbito de "Expertise".
70
Resolución de problemas e/ou exercicios [réxime de avaliación continua]
Dúas probas de tradución en aula, con control de tempo, que servirán para avaliar capacidades concretas (por exemplo a reactividade) ou respostas diante de dificultades concretas (por exemplo a tradución dos nomes propios). Cada unha das dúas probas contará un 10% da nota final da avaliación continua.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación non continua (exame final)

O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non
xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non asistir ó 80% das sesións, non entregar todas as encargas nos prazos sinalados, non realizar as probas en aula) deberá
presentarse ó exame final, que terá lugar durante o tempo de clase da derradeira sesión do curso, segundo o horario e calendarios que se publiquen.

O exame final constará de dúas probas de
tradución gl>fr.

A primeira (cun valor de 40% da nota final) será sempre presencial
e non se permitirá o uso de ningún recurso externo nin de ningún tipo de
material.

Na outra proba (cun valor de 60% da nota final) traballarase en
condicións reais con todo o material posible. Esta proba poderá ser presencial
ou a distancia, é dicir que poderá ser entregada ó cabo do tempo do exame ou
ben poderá ser enviada dentro dun prazo indicado no enunciado, segundo proceda.

O plaxio, a copia, os erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos
invalidan calquera proba.

A convocatoria oficial extraordinaria consistirá nun exame que constará das
mesmas partes que o exame final descrito anteriormente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000