Avaliación non continua (exame final) O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non
xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non asistir ó 80% das sesións, non entregar todas as encargas nos prazos sinalados, non realizar as probas en aula) deberá
presentarse ó exame final, que terá lugar durante o tempo de clase da derradeira sesión do curso, segundo o horario e calendarios que se publiquen. O exame final constará de dúas probas de
tradución gl>fr. A primeira (cun valor de 40% da nota final) será sempre presencial
e non se permitirá o uso de ningún recurso externo nin de ningún tipo de
material. Na outra proba (cun valor de 60% da nota final) traballarase en
condicións reais con todo o material posible. Esta proba poderá ser presencial
ou a distancia, é dicir que poderá ser entregada ó cabo do tempo do exame ou
ben poderá ser enviada dentro dun prazo indicado no enunciado, segundo proceda.
O plaxio, a copia, os erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos
invalidan calquera proba. A convocatoria oficial extraordinaria consistirá nun exame que constará das
mesmas partes que o exame final descrito anteriormente. |