Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
Présentation A materia no contexto dos estudos de grao / Obxectivos do curso, metodoloxía, actividades e sistema de avaliación.
Bilan de compétences Valoración / Diagnóstico individual das fortalezas e das debilidades tradutivas do alumnado / Traducións dirixidas
Habiletés I : gérer l'erreur A falsa noción de problema en tradución / Incoherencias, fallas de cohesión, erros de tipo léxico e de rexistro / Clasificación das dificultades segundo a súa prioridade de intervención / Os erros involuntarios dos falsos erros e estratexia de tradución correspondente /Técnicas para neutralizar as dificultades irresolubles, dentro dun prazo de entrega fixado.
Expertise I : la correspondance privée et commerciale
Tradución da correspondencia privada e comercial / Pautas de revisión profesional monolingüe e bilingüe / Traducións dirixidas / Encargas de tradución para traballo autónomo.
Repères I : Ponthus et Sidoine

Galicia como referencia xeopolítica no prisma francés.
Expertise II : l'agro-alimentaire

O sector agroalimentario. Traducións con emprego de memorias de tradución, de ser o caso / Traducións dirixidas / Encargas de tradución para traballo autónomo.
Habiletés II : langue, conventions et marché(s)
Anticipación mediante o contraste das propiedades semánticas e da estrutura léxica e sintáctica das dúas linguas / Sensibilización ás dificultades da tradución dende un sistema deficitario en rexistros / Convencións ortotipográficas do francés / Iniciación á linguaxe das profesións da tradución en Francia.
Repères II : de la baie de Vigues à la ville d'Aurench
Afrancesamentos malogrados / Androllas e gabachos: o francés na lingua popular galega / Potencial na linguaxe publicataria.
Expertise III : le domaine technique

Tradución de textos técnicos. Con emprego de memorias de tradución, de ser o caso / Traducións dirixidas / Encargas de tradución para traballo autónomo.
Repères III : les manières de table Interpretar a sintaxe, a morfoloxía e a semántica dos usos sociais.
Expertise IV : le tourisme
Tradución de textos turísticos / Aproveitamento do potencial discursivo do francés / Tratamento dos nomes propios / Fontes documentais / Análise do contexto paratradutivo das encargas / Traducións dirixidas / Encargas de tradución para traballo autónomo.
Repères IV : debrúllate ti
Para as persoas galegas migrantes, axentes vivos das características do sistema cultural galego, habitar en territorio francófono significou expoñer a súa lingua o os seus mapas mentais á épreuve de l'étranger que supuña a adaptación á paisaxe lingüística local. Deste xeito, o galego falado na emigración francófona, chámeselle galisién, galego de París ou francego, volveuse poroso e optou por regras de creación discursiva, escollas e interpretacións do mundo de sorprendente homoxeneidade, que coinciden coas estratexias desenvolvidas por outras comunidades romances. Malia estas características, esta lingua segue a ser un patrimonio descoñecido e xeralmente ignorado polos estudos galegos.
Esta unidade introduce á capacidade tradutiva desenvolvida polo galisién como medium eficaz entre os ámbitos do galego e do francés.
Expertise V : l'assermentation
Introdución á modalidade xurada / Habitus e tradución xurada no ámbito gl>fr / Formatos
e dimensión material dos produtos / Traducións dirixidas.
Travail de terrain

Os parámetros para efectuar a saída de campo dependerán da dispoñibilidade do alumnado e dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000