Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Tradución idioma 1, III: Francés-Galego Código V01G230V01607
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Francés
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Fernández Ocampo, Anxo
Correo-e ocampo@uvigo.es
Profesorado
Fernández Ocampo, Anxo
Web http://http://www.paratraduccion/ocampo
Descrición xeral Traducir do galego para o idioma I, neste caso o francés, non é unha destreza máis no proceso de formación do alumnado, senón unha esixencia de mercado, e un xeito eficaz de autocoñecerse como profesionais da tradución. A mecánica do curso consiste en adquirir novas parcelas de competencias grazas ó coñecemento do medio traducible e grazas á progresiva mellora das capacidades de redacción na lingua francesa.
A materia vai deseñada para formar nun perfil de xeneralista da tradución, é dicir de profesional da tradución independente, capaz de intervir nun abano moi amplo de especialidades.
Coa tradución xeral proponse un modo de aprendizaxe que insiste nas fases iniciais dos proxectos e permite encetar textos de calquera especialidade. Un alumnado que saiba da diversidade das encargas e coñeza o abano de estratexias que pode desenvolver para enfrontarse a elas é un alumnado motivado para perfeccionar os produtos finais que se lle esixan nas ensinanzas do 4º curso de grao.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000