Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Lectura obrigatoria individual establecida pola profesora (10%), actividades individuais ou en grupo de tradución (10%). Porén, o alumnado terá que entregar unha tarefa sobre a novela obrigatoria. Se non a entrega, ou a entrega non ten un mínimo de calidade, terá unha penalización de 0,4 na nota final.
Todas as tarefas se entregarán en inglés.
20 A2
A3
A4
C3
C4
C8
C10
C18
C22
C24
C30
C32
D4
D6
D7
D9
D17
D22
D23
Traballos e proxectos Dúas encomendas de tradución individuais cun comentario crítico tradutolóxico escrito en inglés. Data entrega primera encomenda: semana do 6 ao 10 de marzo (25%). Data entrega segunda encomenda: semana do 17 ao 21 de abril (25%).
O alumnado ten que aprobar polo menos unha das encomendas para aprobar a materia.
50 A2
A3
A4
C2
C3
C4
C8
C9
C11
C17
C18
C22
C24
C27
C30
C32
D4
D6
D7
D9
D10
D16
D17
D19
D22
D23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame da materia que terá unha parte teórica sobre os contidos da materia (redactada en inglés) e outra práctica. A parte práctica será unha tradución ó inglés na que o alumno xustifique en inglés as súas propostas (con dicionarios e glosarios pero sen ordenador).
A parte práctica valerá 7 puntos e a teórica 3. O alumno terá que aprobar cada unha das partes para superar a proba.
Data proba teórica: semana do 27 ao 31 de marzo. O alumnado que suspenda esta parte non poderá recuperala ata xullo.
Data proba práctica: en maio na data de exames aprobados en Xunta de Facultade (os dous grupos).
30 A2
A3
A4
C3
C4
C9
C17
C18
C22
C30
D4
D7
D9
D16
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado de avaliación continua ten que entregar, en prazo e en FAITIC (e copia impresa), todas as tarefas solicitadas. Se o alumno non pode seguir este sistema de avaliación a cualificación será unicamente a cualificación do exame final de maio, o que tamén se aplicará aos alumnos que se presenten ao exame de xullo.

A data da proba da avaliación única (maio/xullo) será a fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A parte teórica versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade e que estarán dispoñibles en FAITIC no cartafol correspondente (e a novela obrigatoria). O alumno terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (redactado en inglés). O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios) agás fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%. Non se mantendrán partes aprobadas para a convocatoria de xullo.

Aos alumnos que sigan a avaliación continua se lles guardarán as partes superadas para a convocatoria de xullo.

As datas de entrega das encomendas e a proba serán as mesmas para os dous grupos.

No primeiro mes de clase TODOS OS ALUMNOS teñen que escoller a novela obrigatoria. Ten que ser unha tradución ao inglés dunha novela escrita orixinalmente en castelán.

En todas as probas e tarefas catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (un 3,5/10).

Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000