Resolución de problemas e/ou exercicios |
Lectura obrigatoria individual establecida pola profesora (10%), actividades individuais ou en grupo de tradución (10%). Porén, o alumnado terá que entregar unha tarefa sobre a novela obrigatoria. Se non a entrega, ou a entrega non ten un mínimo de calidade, terá unha penalización de 0,4 na nota final.
Todas as tarefas se entregarán en inglés. |
20 |
A2 A3 A4
|
|
C3 C4 C8 C10 C18 C22 C24 C30 C32
|
D4 D6 D7 D9 D17 D22 D23
|
Traballos e proxectos |
Dúas encomendas de tradución individuais cun comentario crítico tradutolóxico escrito en inglés. Data entrega primera encomenda: segunda semana de marzo (25%). Data entrega segunda encomenda: semana do 18 ao 22 de abril (25%). |
50 |
A2 A3 A4
|
|
C2 C3 C4 C8 C9 C11 C17 C18 C22 C24 C27 C30 C32
|
D4 D6 D7 D9 D10 D16 D17 D19 D22 D23
|
A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria). O alumnado de avaliación continua ten que entregar, en prazo e en FAITIC, a lectura obrigatoria e as dúas encomendas (como mínimo). Se o alumno non pode seguir este sistema de avaliación a cualificación será unicamente a cualificación do exame final de maio, o que tamén se aplicará aos alumnos que se presenten ao exame de xullo. A proba de convocatoria única será o 18 de maio ás 10.00h. A parte teórica versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade (e a novela obrigatoria). O alumno terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (redactado en inglés). O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios) agás fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%. Se fose preciso cambiar a data do exame, a nova data comunicaríase con antelación a todos os estudantes matriculados. Aos alumnos que sigan a avaliación continua se lles guardarán as partes superadas para a convocatoria de xullo. As datas de entrega das encomendas e a proba serán as mesmas para os dous grupos. En todas as probas e tarefas catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (un 3,5/10). Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0. |