Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Asistencia a clase (80% obrigatoria) e participación activa nas actividades propostas. Terase en conta a calidade das actividades e a evolución individual do alumno ao longo da materia. 10
Traballos e proxectos Encomenda de tradución individual. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Práctica de tradución na aula sen medios telemáticos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria, salvo casos excepcionais). A entrega de calquera traballo ou tarefa suporá acollerse á avaliación continua. Para aprobar no sistema de avaliación continua o alumno deberá cumprir os requisitos de asistencia obrigatoria, entregar as todas tarefas propostas ao longo do semestre cuns mínimos de calidade, aprobar unha encomenda de tradución e unha proba de tradución na aula sen medios telemáticos (que será o día 4 de maio de 2015 ás 16.00 h, nunha aula por determinar). Aínda que en principio, para aprobar a materia cómpre aprobar todas as probas e traballos, terase en conta a evolución positiva e de mellora do alumnado cara ao final do cuadrimestre. Teranse en conta tamén a participación en clase e a evolución individual do alumno ao longo do cuatrimestre.

Os alumnos que non se acollan a este sistema de avaliación continua deberán facer un exame que terá lugar o día 4 de maio de 2015, ás 16.00 h (nunha aula por determinar). O exame consistirá nunha práctica de tradución na que non se poderán empregar medios telemáticos; só dicionarios e glosarios en papel.

A copia ou plaxio será penalizada.

As condicións de avaliación e as características do exame na convocatoria de xullo serán as mesmas que as explicadas anteriormente para os alumnos que non sigan a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000