Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Asistencia a clase (80% obrigatoria) e participación activa nas actividades propostas (15% da cualificación). Nota global das tarefas entregadas ao longo da asignatura (35% da cualificación). Terase en conta a calidade das mesmas e a evolución individual do alumno ao longo da asignatura. 50
Traballos e proxectos Encomenda de tradución individual 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria, salvo casos excepcionais). O alumno terá tres semanas dende o inicio do cuatrimestre para decidir acollerse ou non á avaliación continua, facendo constar a súa decisión por escrito. Para aprobar no sistema de avaliación continua o alumno deberá cumprir os requisitos de asistencia obrigatoria, entregar as tarefas propostas ao longo do semestre cuns mínimos de calidade e aprobar unha encomenda final de tradución. Entre as tarefas de clase farase unha proba de comprobación de lectura da obra literaria de lectura obrigatoria. Teranse en conta tamén a participación en clase e a evolución individual do alumno ao longo do cuatrimestre.

Os alumnos que non se acollan a este sistema de avaliación continua deberán facer un exame que terá lugar o último día de clase en horario lectivo, e ao cal lle corresponderá o 100% da cualificación. O exame consistirá nunha práctica de tradución na que non se poderán empregar medios telemáticos; so dicionarios e glosarios en papel. Tamén incluirá algunha pregunta para comprobar a lectura da obra literaria de lectura obrigatoria.

A copia ou plaxio será penalizada.

As condicións de avaliación e as características do exame na convocatoria de xullo serán as mesmas que as explicadas anteriormente para os alumnos que non sigan a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000