Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A primeira sesión presencial dedicarase a explicar os obxectivos, temario, avaliación e metodoloxía docente; e a resolver posibles problemas de acceso a Faitic. Tamén se explicará o uso da plataforma a aqueles alumnos que non estean familiarizados con ela.
Sesión maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que se implementarán mediante diferentes tarefas dentro e fóra da aula para que o alumnado adquira e mellore as súas competencias.
Traballos de aula Formularanse tarefas individuais e grupais de todo tipo (principalmente de tradución e revisión) en base aos obxectivos e competencias pertinentes, o que lle permitirá ao alumno fomentar o espírito crítico, o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe. Entre as tarefas propostas como parte da materia haberá traducións e revisións para facer de forma autónoma na casa e outras que deberán facer na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000