Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Lectura obrigatoria individual e actividades individuais ou en grupo de tradución (20%). As tarefas serán establecidas pola profesora en cada grupo. Porén, o alumnando terá que entregar unha tarefa sobre a novela/lectura de poesía obrigatoria. Se non a entrega, ou a entrega non ten un mínimo de calidade, terá unha penalización de 0,4 na nota final.
Todas as tarefas se farán en inglés.
20 C3
C4
C8
C10
C18
C22
C24
C30
C32
D4
D6
D7
D9
D17
D22
D23
Traballos e proxectos Dúas encomendas de tradución individuais en inglés. Data entrega primera encomenda:do 5 ao 9 de marzo (25%). Data entrega segunda encomenda: do 2 ao 6 de abril (25%).
Ao logo do curso, fixarase a data concreta e os contidos da encomeda. O alumnado terá que aprobar polo menos unha das encomendas para superar a materia.
50 C2
C3
C4
C8
C9
C11
C12
C17
C18
C22
C24
C25
C27
C30
C32
D4
D6
D7
D9
D10
D13
D14
D16
D17
D19
D22
D23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia que terá unha parte teórica sobre os contidos da materia (redactada en inglés) e outra práctica. A parte práctica será unha tradución ó inglés na que o alumnado xustifique en inglés as súas propostas (con dicionarios e glosarios, pero sen ordenador). A parte práctica valerá 7 puntos e a teórica 3. O alumnado terá que aprobar cada unha das partes para superar a proba.

A proba teórica final realizarase na semana do 16 de abril. Ao longo do curso, fixarase a data concreta e os contidos. O alumnado que suspenda esta proba terá que repetila en xullo.
A data da proba práctica final (maio/xullo) será na penúltima sesión de aula.
30 C3
C4
C9
C17
C18
C22
C25
C30
D4
D7
D9
D16
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia impartirase en inglés.

O alumnado de avaliación contínua ten que entregar, en prazo e en FAITIC, TODAS a tarefas solicitadas pola profesora. Se o alumnado non pode seguir este sistema de avaliación, a cualificación será unicamente a cualificación do exame final de maio, que tamén se aplicará ao alumnado que se presente ao exame de xullo. 

A proba de avaliación única (o alumando que escolla escollerse a esta modalidade de avaliación deberá comunicalo por correo electrónico á docente durante as dúas priemiras semanas de sesións) será na data oficial (maio/xullo) establecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A parte teórica versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade (e a novela obrigatoria). O alumnado terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (redactado en inglés). O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios), pero non fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%.

Aos alumnos que sigan a avaliación continua gardaráselles as partes superadas para a convocatoria de xullo.

En todas as probas e tarefas catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (un 3,5/10).

Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios, a cualificación será 0.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000