Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula

A asistencia a clase (80% obrigatoria) e participación activa nas diferentes actividades e tarefas propostas.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios

Lecturas obrigatorias (novela obrigatoria e lecturas obrigatorias de cada unidade establecidas polo profesor/a), actividades de tradución, análise contrastiva de textos, etc. O alumnado terá que entregar todas as tarefas en inglés.
10
Traballos e proxectos Dúas encomendas de tradución individuais e cun comentario crítico tradutolóxico redactado en inglés. 50
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final da materia que terá unha parte teórica (redactada en inglés) e outra práctica. A parte práctica será unha tradución ao inglés na que tamén xustifique as súas propostas (con dicionarios e glosarios pero sen ordenador). O alumno terá que aprobar cada unha das partes para superar a proba. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria, salvo casos excepcionais). Se o alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación debería renunciar por escrito a dita avaliación o primeiro mes de clase. Nese caso a cualificación será unicamente a do exame final de xuño, o que tamén se aplicará aos alumnos que se presenten ao exame de xullo. Se se detecta que os traballos e tareas son plaxios a cualificación será 0.


O exame final da materia será nas dúas últimas clases. As datas aparecerán en FAITIC seguindo o calendario académico 2012-13. Na primeira das sesións terá lugar a proba de teoría que versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade (e a novela obrigatoria). O alumnado terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (redactada en inglés). O alumnado pode utilizar material de consulta agás as fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%. 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000