Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e a Tradución a vista, a corrección exhaustiva dos exercicios practicados en clase e a autoevaluación da evolución na adquisición das técnicas de interpretación e na resolución de erros. 30 C17
C18
C20
C21
D4
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D14
D16
D18
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Incluído dentro do traballo tutelado 0
Obradoiro Incluído dentro do traballo tutelado 0
Práctica de laboratorio Realización de dúas probas finais:
1 - Proba de Tradución a vista con texto do francés ao castelán. (35% da nota)

2 - Proba de Interpretación simultánea sen texto do francés ao castelán sobre o mesmo tema ou texto empregado na proba nº1 (35% da nota).

Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas
- contidos: coherencia intra e intertextual
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez e prosodia.
- expresión: gramatical e léxico

Non acabar as probas, saltar, engadir ou non acabar unha frase implicarán suspender a proba.
70 C17
C18
C21
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes que desexaren acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á profesora cunha anterioridade máxima dun mes previa á data do exame final.

A abvaliación contínua constará dunha proba final obrigatoria e dunha nota de avaliación continua en función da partcipación nas aulas. Independentemente da eventual nota parcial de avaliación contínua, é imprescindíbel obter unha puntuación mínimo de 5 sobre 10 na proba final de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados.

Manténse a nota de avaliación continua dunha edición para a seguinte dentro da mesma convocatoria.

Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que non cumpriren os requisitos estipulados para optaren á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nunha proba de interpretación simultánea (francés e español) identica e na mesma data e horario que a proba práctica para o alumnado de avaliación continua, coa diferenza de que valerá a totalidade da nota final. Tanto no caso da avaliación continua como da única, nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Data do exame final: Segundo o publicado no calendario oficial.

A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000