Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e a Tradución a vista, a corrección exhaustiva dos exercicios practicados en clase, sendo esta supervisada no horario de titorías, así como a elaboración e enunciación de discursos en lingua B que será posteriormente interpretado polos estudantes. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba final de Interpretación con texto- tradución a vista- o sin texto- interpretación simultánea- francés-castelán. Será o propio estudante quen escolla o tipo de proba que será avaliada.
Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas
- contidos: coherencia intra e intertextual
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia
Non rematar a proba, saltar, engadir ou non rematar unha frase implicarán suspender a proba
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua explicitada anteriormente (elaboración de discursos, aplicación de
coñecementos teóricos, realización dunha proba de interpretación e exercicio de autoavaliación), será obligatorio asistir ao
80% das clases. No prazo dun mes despois do comezo do curso, os estudantes deberán confirmar se se acollen á avaliación continua

É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de traducion a vista/ interpretación simultánea para dar por aprobada a materia que se celebrará na última sesión de clase, o xoves 30 de abril de 2015-
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria
consistirán nun exame de interpretación simultánea con o sin texto dun discurso do francés ao castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000