Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista, para alén da entrega dos traballos derivados das
interpretacións corrixidas.
40 CE1
CE2
CE6
CE9
CE13
CE17
CT4
CT7
CT13
CT23
Práctica de laboratorio Consistirá nunha proba final de interpretación simultánea de francés a galego. Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos.
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
60 CE1
CE2
CE6
CE9
CE13
CE17
CT4
CT7
CT13
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes serán avaliados a través dunha proba consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación
FR>GL.
Os criterios de avaliación serán os
descritos no apartado anterior.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONTINUA:
A proba terá lugar na última semana do calendario lectivo.
A porcentaxe da nota do exame é do 60% para os estudantes que se acolleren a este sistema de avaliación.
Será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba
de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos
outros apartados.

Será necesario
aprobar todas as partes da materia para facer a media na avaliación continua.

ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:
A proba terá lugar no día indicado no calendario de exames aprobado no decanato.
A porcentaxe da nota do exame é do 100% para os estudantes que se acolleren a este sistema de avaliación.
EXAME DE XULLO
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse
os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 15%
correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado
nesta convocatoria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000