Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Haberá unha proba de tradución á vista na metade do curso. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Haberá unha proba final que consistirá nunha interpretación simultánea dun discurso enunciado pola profesora.
Calificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de escoita e reformulación coordinadas, toma de decisións e resolución de problemas
- contidos: coherencia intra e intertextual
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia
85
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) O alumnado que siga o curso con asistencia regular ás clases (80% presencial) poderá acollerse ao sistema de avaliación continua.
O que non cumpra co 80% de presencialidade, deberá presentarse ao exame
final de maio que coincidirá co último día de clases.

A proba
final, tanto para os alumnos de avaliación cont¡nua, como para os que
non a sigan será o último luns de clase á hora de impartición da materia, no laboratorio onde se imparta a materia.

2) Os alumnos Erasmus seguirán o mesmo método de avaliación.

3)
Aos alumnos de avaliacion continua que non superen a materia en maio
gardaráselles o 15 % da proba parcial. O exame de xullo será igual que o
da avaliación única do mes de maio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000